Escucha la música de fondo
Aínda consciente do fermosa que es, sempre pensei que botarche de menos dun modo especial era só faladuría, favoritismo, unha maneira subxectiva de verte. Logo de todo a pesar de estar sempre aí, non es pra tanto, non es máis que pequerrechos detalles como o son a terra, as follas, a herva, o cheiro… cheiro… Como boto en falta o teu aroma, a túa esencia!
Sen dúbida estaba equivocado, miña osadia volveuma a xogar e abandoneiche sen sospeitar tan sequera o presente que che ía a ter na miña mente, o moito que gardo de ti dentro de min.
As melodías aparecen na miña cabeza como espectros escondidos no máis profundo do meu ser, coma se estivesen aí todo o tempo sen sabelo; e agora que as súas raíces están lonxe, agora que todo o que nos rodea é… diferente, elevan o seu cantico converténdoo nun berro de desesperación, de lamente, de nostalxia.
Existes e como tal existe iso que sempre considerara unha parvada. Existe con forza, con tristura, con dor; como o pranto sosegado dunha nai que non atopa ao seu fillo, como a falta, a carencia dun amor. Non hai dúbida, e non o digo con tristura nin pena, dígoo có corazón cheo de orgullo e satisfacción, porque non é un sentimento subxectivo, non é un concepto idealizado, é unha realidade. Podo sentirme plenamente cheo, e dicir con total convencemento que pertenzo a ti, aínda que me vaia a millóns de quilómetros de distancia, aínda que pase o que me queda de vida lonxe de ti.
Si amiga, podo dicirche sen ápice de dúbida que sinto morriña. Ti existes e ela tamén. Galiza é, pra os que amamoste e estamos lonxe, sinónimo de morriña e con ela pódese comprender tantas cousas! Rosalía, Curros, Pondal, Castelao… agora as súas palabras teñen sentido, non son só versos bonitos, non é só literatura da terra, é un sentimento real e completo, algo que nos pertence e que só alguén que viviu en Galiza pode entender. Non é nacionalismo, non é patriotismo, é realidade. Non sei como se sentirá a xente doutros lugares cando abandona o seu sitio de nacemento, pero isto é algo particular, algo noso.
Galiza é unha parte de min mesmo, é parte do meu espírito, do meu ser. Galiza é, e será por sempre, a miña nostalxia, a miña melancolía. Eu non son galego, son Galiza.
- TRADUCIÓN:
Aun consciente de lo hermosa que eres siempre pensé que echarte de menos de un modo especial era solo palabrería, favoritismo, un modo subjetivo de verte… Después de todo, a pasar de estar siempre ahí, no eres para tanto, no eres más que pequeños detalles como la tierra, las hojas, la hierva, el olor… olor… ¡Cómo echo en falta tu aroma, tu esencia!
Sin duda estaba equivocado, mi osadía ha vuelto a jugarmela y te he abandonado sin sospechar tan siquiera lo presente que te iba a tener en mi mente, lo mucho que guardo de ti dentro de mí.
Las melodías aparecen en mi cabeza como espectros escondidos en lo más profundo de mi ser, como si hubieran estado ahí todo el tiempo sin saberlo, y ahora que sus raíces están lejos, ahora que todo lo que nos rodea es… diferente, elevan su cantico convirtiéndolo en un grito de desesperación, de lamente, de nostalgia.
Existes y como tal existe eso que siempre había considerado una tontería. Existe con fuerza, con tristeza, con dolor; como el llanto sosegado de una madre que no encuentra a su hijo, como la falta, la carencia de un amor. No hay duda, y no lo digo con tristeza ni pena, lo digo con el corazón lleno de orgullo y satisfacción, porque no es un sentimiento subjetivo, no es un concepto idealizado, es una realidad. Puedo sentirme plenamente lleno, y decir con total convencimiento que pertenezco a ti, aunque me vaya a millones de kilómetros de distancia, aunque pase lo que me queda de vida lejos de ti
Sí amiga, puedo decirte sin ápice de duda que siento morriña. Tú existes y ella también. Galicia es para los que te amamos y estamos lejos sinónimo de morriña ¡y con ella se puede comprender tantas cosas! Rosalía, Curros, Pondal, Castelao… ahora sus palabras tienen sentido, no son solo versos bonitos, no es solo literatura de la tierra, es un sentimiento real y completo, algo que nos pertenece y que solo alguien que ha vivido en Galicia puede entender. No es nacionalismo, no es patriotismo, es realidad. No sé como se sentirá la gente de otros lugares cuando abandona su lugar de nacimiento, pero esto es algo particular, algo nuestro.
Galicia es una parte de mi mismo, es parte de mi espíritu, de mi ser. Galicia es y será por siempre mi nostalgia, mi melancolía. Yo no soy gallego, soy Galicia.


